Cansado da mesma música de sempre? Pois prepárate para BALA , o dúo galego co que moverás a cabeza e reflexionarás a partes iguais. Ánxela Baltar (guitarra e voz) e Violeta Mosquera (batería e voz) son as dúas mozas detrás deste proxecto que irrompe con forza na escena musical. O seu son cru e enérxico, mestura de stoner rock, grunge e punk fará que as pernas che pidan clemencia.
Pero Bala non só é tralla, tamén é mensaxe. As súas letras, cargadas de actitude e crítica social, faranche reflexionar sobre o mundo que nos rodea.
Veñen de presentar “Besta”, o seu cuarto disco, con grande espectación e presenza nos medios.
Non te perdas a oportunidade de ver esta proposta o Sábado 6 de Xullo no Rock gratis no Rock in Río Tea 24.Escoita