Gústanos estar alerta ante o nacemento de novas bandas, pero esta fixo saltar todas as alarmas do Rock in Río Tea. Cando soubemos da existencia de Vimbio, enseguida vimos que estabamos ante algo moi interesante. Tras poucos segundos de escoita do seu primeiro sencillo, foi unánime: teñen que estar no festival!


O novo proxecto de Álex Arnoso (Sondarúa) mestura a súa querenza natural polo metal coa súa maestría e flow co rap. Pero ademais rodeouse de auténticos “pesos pesados” de bandas de metal alternativo dos 90 e 2000 en Galicia como Gravesen ou Martillo.


Soa “hardcorísimo”, potentísimo, animal…

Escoita